Ciencia en galego para todas as idades

Centro: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras (Ourense)
Curso: 2020 - 2021

Polo mes de novembro, as nenas e os nenos do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa poñen a bata branca e preparan os seus experimentos para nos contaren que é iso da ciencia e para nos amosaren as cousas tan fantásticas que podemos facer traballando con elementos tan cotiáns coma auga, colorantes, aceite ou bicarbonato. Velaquí un exemplo no que participa tamén a familia.

Enlaces relacionados