Visita e recomendacións do Apalpador

Centro: CEIP A Canicouva, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

O tradicional personaxe do Apalpador estivo de visita no CEIP A Canicouva e, alén de deixarlles ás meniñas e meniños uns xogos de madeira, tamén lles ofreceu esta presentación con recomendacións de lecturas, música, teatro, cinema e xogos que comparten con nós para que poidamos gozar da nosa lingua e cultura nestas datas tan especiais. Ademais, podemos ler a carta coa que o alumnado lle correspondeu dándolle as grazas e expresando o ben que o pasou e canto aprendeu!

Enlaces relacionados