Plantasías (serie documental)

Centro: CEIP Plurilingüe de Outes, Outes (A Coruña), IES Nº 1 de Ribeira, Ribeira (A Coruña), IES de Cacheiras, Teo (A Coruña), CEIP Labarta Pose, Baio-Zas (A Coruña), CEIP de Caión, A Laracha (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Proxecto de investigación centrado na etnobotánica (ciencia que estuda os coñecementos adquiridos ao longo do tempo sobre a potencialidade das plantas) no que participaron o CEIP de Outes, o CEIP Labarta Pose, o CEIP de Caión, o IES Nª1 de Ribeira e o IES de Cacheiras.

A través das enquisas realizadas polo alumnado destes centros aos seus maiores, coñeceremos as propiedades e beneficios que nos poden achegar moitas árbores da nosa contorna. A serie componse de 10 vídeos dedicados a cadansúa árbore (o salgueiro, a nogueira, o castiñeiro, o loureiro, o bidueiro, o freixo, o ameneiro e o carballo).

Enlaces relacionados