Canto conto Nadal

Centro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, Sada (A Coruña)
Curso: 2024-2025

O EDLG do CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada puxo en marcha este curso Canto conto, un proxecto no que o galego é o protagonista absoluto. Co gallo do Nadal, todo o alumnado do centro, dende infantil a primaria, participou na lectura e escoita activa de contos desta temática: Un, dous, tres Nadal é, Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis ou Xa me tardan estes magos, entre outros. Velaquí a selección de títulos para cada nivel e unha mostra da actividade.

Enlaces relacionados