Percorrendo Galicia (xogo interactivo)

Centro: CEIP Plurilingüe García Barbón, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

Fenomenal xogo interactivo, semellante ao da Oca, que prepararon entre todas as nenas e nenos do colexio García Barbón, co gallo da conmemoración do Estatuto de Autonomía de Galicia e co que aprenderemos moitos aspectos da nosa cultura.

Para xogar, despois de formarmos equipo, teremos que ir resolvendo preguntas e, para saber se acertamos, premeremos nas iconas dos vídeos que cada clase elaborou coas respostas correctas.

Enlaces relacionados