Resumo do Nadal no Recuncho de Tambo

Centro: CEIP Plurilingüe O Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

O blog do EDLG do CEIP do Carballal dá conta de todo o que deu de si o Nadal neste centro. Ademais da decoración especial non faltou o tradicional festival con cancións, bailes, chocolatada e ata unha viaxe en tren! Unha mención especial merécenos o karaoke do alumnado coa adaptación ao galego do tema Voyage, voyage, porque nos convida a un voo interminable de aprendizaxe cara a un mundo novo onde a interculturalidade nos arrequeza, necesaria mensaxe de cara ao Día Internacional da non Violencia e a Paz.