Día Escolar da Non Violencia e a Paz (canción, manifesto e mural)

Centro: CPI As Mirandas, Ares (A Coruña)
Curso: 2024-2025

A xornada de conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi moi intensa para todas as nenas e os nenos do CPI As Mirandas de Ares. Ademais de deseñar un fermoso mural en forma de tren con mensaxes a prol do respecto e a comprensión, leron o seu manifesto pola paz e interpretaron “A peor xogada”, unha canción composta no CEIP de Caión, que apela á unión entre os seres humanos para conseguir un mundo mellor.

Enlaces relacionados