Festexar a Rosalía cantando a súa vida e obra

Centro: IES do Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

O IES do Carril comparte connosco esta boa idea que tiveron os departamentos de Lingua e Música para festexaren o Día de Rosalía: divulgar a súa figura adaptando as letras de cantigas ben coñecidas: "A saia da Carolina", "Se chove", "O sacristán de Coímbra" e o Himno Galego.

Nun dos vídeos podemos ver con que xeito as interpretaron os alumnos e alumnas do centro! E, no outro, como complementaron esta actividade cos fermosos recitados dos poemas da autora na vila.

Enlaces relacionados