Ver o mundo con anteface violeta

Centro: CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, Ponteareas (Pontevedra)
Curso: 2023-2024

O alumnado do CEIP Feliciano Barrera preséntanos neste vídeo cinco mulleres deseñadoras gráficas e feministas con cadansúa frase representativa, e a todas lles vai colocando un simbólico anteface tecnolóxico, xa que dispón dun circuíto eléctrico téxtil de luces LED, que tamén elaboraron as nenas e nenos!

Unha rechamante actividade reivindicativa, tanto para o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia como para o Día Internacional da Muller, que nos convida a ver o mundo con lentes violeta.

Enlaces relacionados