Recoméndoche un libro

Centro: IES Castelao e EOI de Vigo (Pontevedra)
Curso: 2015 - 2016
Recoméndoche un libro
Recoméndoche un libro

Os EDLG do IES Castelao e da EOI de Vigo xunto coa Biblioteca Pública Neira Vilas achégannos o proxecto Recoméndoche un libro, unha iniciativa para o fomento da lectura que busca, ademais, a visibilización da lingua galega. Por unha banda, preséntannos a canle de Youtube Recomendocheunlibro, na que o alumnado e as persoas usuarias dos distintos centros, así como o público en xeral, divulgue vídeos recomendando lecturas ou outros traballos audiovisuais ao redor da animación á lectura (booktrailer, lecturas en voz alta, etc.). Asociado a esta iniciativa, convócase o concurso “O ollo de vidro”, co que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto, e cuxo ditame se dará a coñecer no mes de maio.

Documentos relacionados

  • Cartel Recoméndoche un libro PDF