A cidade accesible

Centro: CEE Nosa Señora do Rosario, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2020/2021

Nesta guía turística da cidade da Coruña, o alumnado do CEE Nosa Señora do Rosario achégalles ás persoas con algunha discapacidade ou diversidade funcional os monumentos máis representativos da cidade herculina. A través de códigos QR, pódese consultar a información en pictogramas e en lingua de signos. A iniciativa forma parte de A cidade sen barreiras, —un proxecto galardoado no marco da Convocatoria de proxectos de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística—, que xurdiu para facer accesible a cultura a quen teña deficiencias auditivas, trastornos da comunicación e/ou da linguaxe.