Axenda escolar (curso 2024-2025)

Centro: CEIP Juana de Vega, San Pedro de Nós-Oleiros (A Coruña)
Curso: 2023-2024

Un ano máis Patricia Sánchez Lamas, profesora do CEIP Juana de Vega de Oleiros, comparte co profesorado a súa axenda escolar 2024-2025. No seu blog A fiestra da mestra xa tedes á vosa disposición a dita axenda en formato imprimible vertical e apaisado, ademais da versión interactiva para que a poidades usar en distintos dispositivos. Neste mesmo espazo tamén atoparedes calendarios e materiais complementarios moi útiles na organización do día a día da práctica docente. Parabéns a Patricia e bo inicio de curso!

Enlaces relacionados