As alumnas (representación teatral)

Centro: IES Plurilingüe Adormideras (A Coruña)
Curso: 2023-2024

Representación teatral da obra As alumnas de Paula Carballeira, gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. A peza, que denuncia a educación machista das nenas e a falta de dereitos das mulleres, supón tamén unha homenaxe á pedagoga coruñesa María Barbeito. Unha excelente proposta do EDLG do IES Plurilingüe Adormideras nestas datas de celebración do Día do Ensino, e en vésperas da conmemoración do 25N.

Enlaces relacionados