II Premio Breviter de Microrrelatos

Centro: IES Xelmírez I, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2024-2025

O IES Xelmírez I de Santiago de Compostela convoca, un ano máis, o Premio Breviter de Microrrelatos. Nesta edición, o concurso centrarase no tema da imaxe e da identidade dixital. Pódense presentar microrrelatos literarios ou poemas de ata 100 palabras ou microrrelatos audiovisuais de ata 60 segundos en alemán, español, francés, galego, inglés ou portugués.

As persoas de entre 12 e 18 anos que queiran participar teñen ata o 1 de marzo para enviar as súas obras.

Enlaces relacionados