Xabaríns somos todos

Centro: CEIP Oza dos Ríos, Oza-Cesuras (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Programa especial de Radio RumorOZA no que se lles fai unha homenaxe ás míticas series do Xabarín Club (Son Goku, Shin Chan ou Doraemon), que deleitaron moitas xeracións de nenas e nenos galegos dende o ano 1994. O alumnado do CEIP Oza dos Ríos e de todos os centros galegos tamén pode divertirse agora con outros personaxes como os de Bibopalula, a primeira serie musical de debuxos en galego que se emite na dita plataforma da RTVG.

Enlaces relacionados