A Quenlla canta a Martín de Padrozelos

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Entre as moitas actividades dinamizadoras do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda está o concerto do grupo A Quenlla inspirado na obra de Martín de Padrozelos. A actuación musical acompañou a exposición das dez cantigas de amigo e de amor do trobador expostas en distintos espazos do centro coruñés. Estas iniciativas compleméntanse co documental Trobador no camiño. Andares pola lírica de Martín de Padrozelos e o catálogo da exposición con artigos sobre Martín de Padrozelos e as súas cantigas

Enlaces relacionados