Árbores do patio

Centro: CEIP Campomaior, Ordes (A Coruña)
Curso: 2024-2025

A riqueza arbórea da contorna do CEIP Campomaior de Ordes permitiulle ao EDLG deste centro organizar un xardín botánico para que o seu alumnado coñecese este patrimonio natural tan próximo. O primeiro paso foi contactar cun viveiro local e identificar as árbores. A continuación, o alumnado de 5º elaborou e deseñou as fichas cos datos de cada unha. Finalmente, incluíronse todos os traballos nun código QR, reproducíronse en PVC e colocáronse ao carón de cada planta.

Enlaces relacionados