Vía Romana XIX

Centro: IES de Becerreá (Becerreá, Lugo)
Curso: 2022 - 2023

No Congreso Científico da Montaña, que xa vai pola súa quinta edición, participaron nove centros educativos de diferentes lugares de Galicia, entre eles o IES de Becerreá. Tres alumnas de segundo da ESO expuxeron o seu traballo, Vía Romana XIX, centrado no estudo das fontes históricas, os restos históricos e arqueolóxicos e os documentos relacionados con este itinerario.