Tradución ao galego do comunicador dinámico AsTeRICS GRID

Centro: CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, Dodro (A Coruña)
Curso: 2022 - 2023

Singular iniciativa do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón desenvolvida polo Departamento de Orientación, co asesoramento do EDLG. Alén de facilitarlles a comunicación ás persoas con dificultades, a tradución ao galego da interface do comunicador dinámico AsTeRICS GRID tamén contribuirá á difusión de materiais didácticos en lingua galega para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Enlaces relacionados