Ars Coquendi (A arte de cociñar)

Centro: IES Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Excelente traballo desenvolvido pola profesora de Lingua Galega e Literatura e mais coordinadora do EDLG do IES Eusebio da Guarda, Mª Teresa Pastor Novo, e o seu alumnado de 1º de ESO (grupos A e D).

A partir da compilación dunha singular carta de pratos inventados polas rapazas e rapaces, incluídos no receitario Ars Coquendi, xurdiron dúas orixinais iniciativas, creadas pola dita docente: a primeira, o microrrelato Manuscrito Ars Coquendi, protagonizado pola alma en pena dun misterioso conserxe; e a segunda, un audiovisual no que este conserxe conta en primeira persoa o nomeado manuscrito, onde se mestura esa ficción narrada coa realidade pasada e actual deste emblemático instituto coruñés.

Enlaces relacionados