Libros do patrimonio (nº 3, 4, 5)

Centro: IES Plurilingüe Fontexería, Muros (A Coruña)
Curso: 2023-2024

Proxecto plurianual desenvolvido dende hai cinco anos polo EDLG do IES Plurilingüe Fontexería de Muros. O traballo está composto por outros tantos libros que perseguen un mesmo obxectivo: recuperar e divulgar as Imaxes do patrimonio da historia recente da vila muradá, para que as xeracións máis novas teñan presente a memoria colectiva da súa veciñanza.