Viaxe por Europa a través das linguas

Viaxe por Europa a través das linguas
Viaxe por Europa a través das linguas

O Portal das Palabras proponnos unha viaxe por Europa a través das linguas chamadas minoritarias ou minorizadas. Algunhas son oficiais na UE e outras, como a nosa, non contan con este recoñecemento. Cada semana presentan un idioma e dan a coñecer datos históricos, evolución de falantes, características internas e outras cuestións interesantes. As linguas escollidas ata agora son: o esloveno, o estoniano, o flamengo, o frisón, o gaélico irlandés, o galés, o letón, o macedonio, o maltés e o sardo.