1º Premio Irmán Reboiras 2020

Centro: CPR Plurilingüe Esclavas, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2020-2021

Na ultima xornada de normalización lingüística organizada por Escolas Católicas, coñecemos os centros gañadores da segunda edición dos Premios Irmán Reboiras 2020. O 1º galardón outorgóuselle ao CPR Plurilingüe Esclavas da Coruña por catro presentacións dixitais interactivas realizadas durante o confinamento. O xurado resaltou o elevado número de recursos presentados, o seu carácter lúdico e innovador e o labor de dinamización léxica e cultural. Parabéns a Marta Domínguez, coordinadora do equipo deste colexio, polo traballo.