Divertímonos xogando coas nosas palabras

Centro: CEE María Mariño, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2022 - 2023

Material didáctico que lle facilita ao alumnado galegofalante a aprendizaxe da lectura e da escritura no noso idioma. Segundo as súas autoras, Eva Uceira e Rosa Mary González, está deseñado «para traballar a conciencia fonolóxica, un dos mellores compoñentes para a aprendizaxe da lectoescritura e para a adquisición de vocabulario implícito e explícito».

Trátase dun recurso innovador, lúdico e motivador que permite abordar o procesamento fonolóxico en distintos niveis, desde a conciencia léxica ata a conciencia fonémica. Alén diso, tamén favorece a adquisición de vocabulario galego de distintos ámbitos de uso. Todas as actividades que se propoñen poden desenvolverse tanto en grupo como individualmente.

Enlaces relacionados