aRi[t]mar galiza e portugal (mellores músicas de 2023)

Centro: EOI Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2023-2024

Iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para achegar a música e a poesía galego-portuguesa, que este ano acadou unha elevadísima participación, preto dos 10.000 votos.

Logo de rematar o prazo para seleccionar as mellores cancións galegas e portuguesas do ano 2023 propostas na primeira fase deste concurso, xa coñecemos as pezas gañadoras. Así, as persoas participantes nas votacións decidiron que "Morena", de De Ninghures, fose elixida Mellor Música do Ano 2023 en Galicia, e "Na escola", da banda Os Quatro e Meia, Mellor Música do Ano 2023 de Portugal. A segunda e terceira cancións máis votadas na categoría galega foron, respectivamente, "Ai de min”, de Caamaño&Ameixeiras, e "Arden", de Mondra. Na categoría lusa, a segunda e terceira cancións máis votadas foron “Sagitário”, de Miguel Araújo, e “Saia da Carolina”, de Carolina Deslandes.

Enlaces relacionados