Conmemoración do Estatuto de Autonomía

Centro: CEIP Atín-Cela, Mos (Pontevedra)
Curso: 2023-2024

O calendario escolar recolle a conmemoración, na semana do 6 de decembro, do noso Estatuto de Autonomía que o ano pasado cumpriu 45 anos; por iso o colexio Atín-Cela quixo celebralo cunha gran festa na que non faltaron cantos, bailes, pulseiras, lemas... No pódcast, o alumnado de 6º fainos un bo resumo desa xornada e no blog Enreda coa lingua atopamos ademais unha presentación dixital con variados recursos educativos para esta importante data.