Tradición oral de Nadal no 3D

Centro: CEIP López Ferreiro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2024-2025

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o CEIP López Ferreiro comparte con nós este material pictográfico que pretende achegarlle a nosa tradición oral propia do Nadal (panxoliñas, lerias...) ao alumnado con dificultades de comunicación. Unha contribución máis do EDLG deste centro compostelán a prol dunha sociedade máis inclusiva e accesible para todas e todos.

Enlaces relacionados