Isaac Díaz Pardo e Castelao

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Homenaxe organizada polos equipos de biblioteca e de dinamización da lingua galega do IESP Eusebio da Guarda para honrar a figura de Isaac Díaz Pardo a través da lembranza aos personaxes máis coñecidos de Cousas de Castelao. Entre as iniciativas desenvoltas está De personaxes a figuras de caolín, unha actividade na que o talento artístico do alumnado deste centro coruñés transforma os citados personaxes en figuras de arxila pintadas con deseños característicos da marca Sargadelos.

Enlaces relacionados