Reseteando!

Centro: IES Luís Seoane, Pontevedra (Pontevedra)
Curso: 2017-2018
Reseteando!
Reseteando!

O curso pasado, un grupo de alumnas e alumnos do IES Luís Seoane crearon Neofem, coa intención de reflexionar sobre actitudes sexistas, axudar a previr e a construír novos modelos de relación respectuosos e intervir activamente na contorna. Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero crearon uns suxestivos vídeos nos que utilizan a a técnica do "reseteo", o reinicio do vídeo para mudar os prexuízos e tópicos machistas que invaden a nosa sociedade.

Fixeron un vídeo para "resetear" comentarios, burlas e agresións sexistas de compañeiros ou compañeiras, outro para "resetear" o sexismo na familia (un piar fundamental na súa erradicación) e un terceiro para facer o mesmo cos equipos docentes pois é preciso avanzar cara a unha educación totalmente inclusiva e igualitaria.