- Inicio
- El gallego
- Promovelo
- Equipos de Dinamización de la Lengua Gallega
-
Secundaria y bachillerato
- Todos los recursos
- Recursos didácticos
- Publicaciones
- Audiovisuais e música
- Blogs y recursos en la red
- Iniciativas de dinamización
- Fechas señaladas
- Día de las letras gallegas
- Infantil y primaria
- Secundaria y bachillerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proyecto lingüístico del centro
- Proyectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte tu iniciativa normalizadora
- Programas
- También te interesa
- Convocatorias y formación
- Memorias
-
Equipos de Dinamización de la Lengua Gallega
- Todos los recursos
- Recursos didácticos
- Publicaciones
- Audiovisuais e música
- Blogs y recursos en la red
- Iniciativas de dinamización
- Fechas señaladas
- Día de las letras gallegas
- Infantil y primaria
- Secundaria y bachillerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proyecto lingüístico del centro
- Proyectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte tu iniciativa normalizadora
- Programas
- También te interesa
- Convocatorias y formación
- Memorias
-
El gallego
Promovelo
-
- Todos los recursos
- Recursos didácticos
- Publicaciones
- Audiovisuais e música
- Blogs y recursos en la red
- Iniciativas de dinamización
- Fechas señaladas
- Día de las letras gallegas
- Infantil y primaria
- Secundaria y bachillerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proyecto lingüístico del centro
- Proyectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte tu iniciativa normalizadora
- Programas
- También te interesa
- Convocatorias y formación
- Memorias
A curta Saudade, gañadora do programa Lingua rodada
Lingua rodada é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo coa finalidade de potenciar o uso e a valoración positiva do galego entre as xeracións máis novas, en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.
A curtametraxe Saudade, elaborada por un grupo de alumnado do IES O Ribeiro, de Ribadavia (Ourense), resultou gañadora do certame convocado ao abeiro do programa Lingua rodada.
En palabras do xurado, Saudade toca con sensibilidade e unha gran dose de creatividade o drama da emigración, o desarraigamento, o retorno a unha Galicia despoboada, o amor saudoso polo que foi e xa non é. O protagonismo centrado nunha persoa da terceira idade permite visualizar este colectivo e empatizar con el, na procura da conexión interxeracional. A reflexión final, “Como soarán as campás do futuro?”, fainos cavilar no porvir do rural galego e no que podemos facer para mudar a situación actual.
As outras dúas curtas finalistas son Terra branca, do IES Terra de Trasancos, Narón e Sabela, do IES A Cachada, Boiro (A Coruña), que tratan tamén de maneira moi orixinal o tema da diáspora galega.
https://www.youtube.com/watch?v=ix3-bfN84yk
https://www.youtube.com/watch?v=FAnuExI9zN4
Con esta proposta, os rapaces e rapazas crearon vídeos baseados en pequenos relatos para plasmaren a esencia da nosa terra: a súa fala, a súa xente e os seus costumes, lendas, paisaxes, patrimonio, historia...
Este programa é tamén unha pequena homenaxe a Chano Piñeiro, un dos pioneiros do cinema galego, no 25 aniversario do seu pasamento. En 2020 tamén se farán 30 anos da estrea en Galicia de Sempre Xonxa e 35 da primeira emisión da TVG, que comezou en xullo de 1985 con Mamasunción, unha obra que ese ano ampliaría o seu palmarés cunha chea de premios en certames nacionais e internacionais.
Nas súas palabras, "facer cine en Galicia é posible e facer cine en galego é necesario".