Obradoiros e experimentos científicos

Centro: IES Chano Piñeiro, Forcarei (Pontevedra)
Curso: 2018-2019

Neste video realizado polo EDLG do centro podedes ver algúns dos experimentos e obradoiros que o alumnado do IES Chano Piñeiro realizou polo Día da Ciencia en Galego. Grazas á colaboración de varios departamentos, a variedade e riqueza das actividades foi moi ampla: electromagnetismo, tinturas naturais, identificación de azucres redutores, matemaxia, as catro cámaras do corazón, descubrindo o ollo humano, cromatografía da tinta, a voltas co ADN...

Enlaces relacionados