Magostoxería (concurso de videocreación)

Centro: IES Plurilingüe Fontexería, Muros (A Coruña)
Curso: 2020-2021

Ante as dificultades existentes para organizar algunhas actividades colectivas, o EDLG do IES Plurilingüe Fontexería de Muros decidiu convocar o concurso Magostoxería, un certame de videocreación centrado na celebración do magosto e nas castañas. Os audiovisuais (curtametraxes, cancións orixinais ou versións, documentais...) non poderán superar os tres minutos, e deberán presentarse antes das 14.00 h do 13 de novembro. Na iniciativa poderá participar toda a comunidade educativa, desde o profesorado e o alumnado ata as familias e o persoal non docente.

Enlaces relacionados