2º Premio Irmán Reboiras 2020

Centro: CPR Plurilingüe Divino Maestro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2020-2021

Na ultima xornada de normalización lingüística organizada por Escolas Católicas, coñecemos os centros gañadores da segunda edición dos Premios Irmán Reboiras 2020. O 2º galardón outorgóuselle ao CPR Divino Maestro de Santiago de Compostela por tres actuacións realizadas durante o confinamento. O xurado resaltou a interdisciplinariedade das propostas, a implicación de toda a comunidade educativa, a innovación e a posta en valor das nosas tradicións. Parabéns a Xosé Ramón Boullón, coordinador do equipo deste colexio, polo traballo.