Axenda de Aulas Galegas (2022-2023)

Centro: Aulas Galegas
Curso: 2022-2023

Aulas Galegas acaba de presentar as dúas versións da súa axenda escolar: unha en formato dixital interactivo e outra para imprimir e personalizar en papel. Inclúe espazos para proxectos, titorías, listaxes de cotexo, saídas, calendarios…, todo o preciso para comezar o curso desde a etapa de infantil ata bacharelato. E, para amenizarmos as xornadas de traballo do curso, poderemos escoitar, a través de códigos QR, algúns dos temas musicais de máis éxito nos últimos anos.