Maxín de aventuras. En galego, mil historias para descubrir

Centro: Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

Para que poidades escoller agasallos en galego, compartimos convosco as guías de lectura elaboradas un ano máis pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo. Inclúen novidades de libros, xogos e música adecuados a diferentes idades co suxestivo título: "Maxín de aventuras. En galego mil historias para descubrir" e coa ilustración de Josuha Xambreo. A edición impresa xa está a ser distribuída por todos os centros de ensino integrantes da coordinadora.

Enlaces relacionados