Lectura de "Retrincos" de Castelao en Radio Trega

Centro: IES A Sangriña, A Guarda (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

O EDLG do IES A Sangriña celebra o Día de Castelao rendéndolle unha homenaxe coa lectura dos contos da súa obra Retrincos. Podédelos escoitar, xunto coa biografía do autor, nas voces do alumnado que foron emitindo na súa radio escolar Trega, en diferentes capítulos.