Carteis pola igualdade

Centro: IES Illa de Ons, Bueu (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

Ao abeiro dunha campaña para o fomento da igualdade na contorna escolar, o alumnado do IES Illa de Ons elaborou varios carteis con atractivos deseños, co fin de rebater diferentes ideas e prexuízos machistas. Un deles, baixo o lema "Pero se xa hai igualdade" mereceu o segundo premio no Concurso de carteis polo Día da Muller convocado pola Consellería de Promoción do Emprego e da Igualdade. Parabéns por tan efectivo e necesario traballo!

Podedes ver todos os carteis na ligazón.

Enlaces relacionados