Cántiga

Centro: IES Chan do Monte, Marín (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

Velaquí unha fermosísima interpretación deste primeiro poema escrito por Manuel Curros Enríquez, con só 17 anos, o 5 de xuño de 1869. Incluído despois, en 1880, en Aires da miña terra, foi musicado enseguida por Cesáreo Alonso Salgado e por Xoán Montes, pero a versión coa que acadou máis sona e que ficou para a posteridade foi a de Xosé Castro “Chané”, emigrante tamén en Cuba, como Curros. A letra e música fixéronse tan populares que o pobo acabou modificando o primeiro verso: "No xardín unha noite sentada" pasou a "Unha noite na eira do trigo".

A actriz que ideou esta videocreación é responsable tamén da melodía, da voz, da cámara e da montaxe. Trátase da alumna Ángela Castro Santomé, que contou coa colaboración do bailarín Alejandro Pazó Castro na expresiva coreografía. A música é de Victor Alfonso Castro Martínez, docente de Música no CEIP do Carballal.

Enlaces relacionados