Proxecto Empatía 360º

Centro: IES As Barxas, Moaña (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

A profesora do IES As Barxas, Luz Beloso, coa colaboración de toda a comunidade educativa, coordina o club audiovisual deste instituto que conta xa cunha ampla e premiada traxectoria.

O curso pasado desenvolveron o proxecto Empatía 360º, que inclúe unha trintena de curtametraxes realizadas polo alumnado de 4º ESO (algunhas de realidade virtual), que foron proxectadas no seu festival de curtas. Este traballo foi o único de Galicia seleccionado este ano para competir con outros 34 no salón internacional de innovación educativa (SIMO), organizado por Ifema Madrid.

Parabéns por esta iniciativa! E velaquí algunha mostra deste talento creativo.