Facendo xabón e bioplásticos

Centro: IES de Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Entre as actividades que desenvolve o Club de Ciencias do IES do Porto do Son, en colaboración con outros equipos do centro, están os experimentos. Nesta ocasión, o alumnado comprobou a reacción química da saponificación fabricando xabóns con aceite e sosa e obtivo, a partir da caseína do leite, un material biodegradable que mantén a propiedade máis interesante dos plásticos, a maleabilidade.

Enlaces relacionados