II Congreso Científico IES Antón Alonso Ríos

Centro: IES Antón Alonso Ríos, Tomiño (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

Por segundo ano consecutivo, os departamentos de Bioloxía e Física e Química deste centro organizaron un congreso científico, nesta edición co tema "Saúde e sustentabilidade".

Durante catro xornadas conseguiron que o alumnado se achegase á ciencia en galego dun xeito ameno e profesional á vez, participando activamente en todo o proceso e presentando oralmente os resultados das súas investigacións, á par dos relatorios e obradoiros de especialistas.

Documentos relacionados