V Congreso Científico da Montaña

Centro: IES de Becerreá, Becerreá; CPI Poeta Uxío Novoneira, O Courel; CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro; CPI Navia de Suarna, Navia de Suarna; CPI de Cervantes, Cervantes; IES Fontem Albei, A Fonsagrada; IES Xoán Montes, Lugo (Lugo); IES O Couto, Ourense (Ourense); CFEA de Sergude, Boqueixón (A Coruña)
Curso: 2022 - 2023

No Congreso Científico da Montaña, que xa vai pola súa quinta edición, participaron nove centros educativos de diferentes lugares de Galicia, que presentaron interesantes proxectos sobre clonación, prácticas de cultivo in vitro, transformación dunha impresora 3 D en Braille, xeración de enerxía a partir do brión, reciclaxe de aceite usado, rendibilidade da gandaría etc.