Xogos, maxia e matemáticas

Centro: IES Brión, Brión (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

A conmemoración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas resulta especialmente divertida nas aulas do IES de Brión. Entre os moitos recursos lúdicos relacionados co ámbito científico que nos ofrece este centro, temos encrucillados, pasapalabras, crebacabezas e mesmo xogos de maxia aplicados ás matemáticas. De seguro, que nos van dar moito que pensar.