Documentais: 'Cincuenta é unha vida' e 'Memoria das aulas'

Centro: IES Ramón Cabanillas, Cambados (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

O IES Ramón Cabanillas desenvolveu no curso pasado un proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística relacionado co seu 50 aniversario, que foi recoñecido cun premio de excelencia pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Como froito deste traballo xurdiu, por un lado, o documental Memoria das aulas, elaborado polo alumnado de 3º ESO e centrado na evolución da educación nas tres últimas xeracións e, por outro, a emotiva curtametraxe Cincuenta é unha vida, sobre as lembranzas dun mestre xubilado. Esta última acaba de obter, ademais, o premio do público na Mostra Internacional de Cine Educativo de Valencia (MICE). Parabéns!