Cantiga contra a violencia de xénero

Centro: IES O Ribeiro, Ribadavia (Ourense)
Curso: 2023 - 2024

Coa intención de concienciar pequenos e adultos sobre a violencia de xénero, o alumnado de Artes Escénicas de 1º de bacharelato do IES O Ribeiro compuxo unha fermosa cantiga da que nos achega a letra e, a partir dela, elaborou este vídeo en cuxa representación estivo acompañado do grupo de pandeireteiros e pandeireteiras Fuscalla, do EDLG.

Enlaces relacionados