Guía de lecturas "Viaxa co galego a universos paralelos"

Centro: Coordinadora dos EDLG do Morrazo (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

Os EDLG dos centros de ensino do Morrazo poñen á nosa disposición, como cada Nadal, a súa selección de libros para lectoras e lectores de infantil, primaria e secundaria, sen esqueceren tampouco os adultos. Co suxestivo título "Viaxa co galego a universos paralelos", o tríptico, que leva unha fermosa ilustración de Mar Sanmartín Lorenzo, do CEIP Castrillón-Coiro, ofrécenos boas ideas para fomentar a lectura na nosa lingua.

Enlaces relacionados