Almanaque 2024: O galego no audiovisual

Centro: IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

O EDLG do IES Castro Alobre pon á nosa disposición este creativo almanaque baseado no cinema en galego ou feito en Galicia e deseñado pola rapazada.

Alén da reinterpretación dos carteis cinematográficos con códigos QR que nos remiten aos tráilers dos filmes, inclúe refráns e citas poéticas e sinala as conmemoracións escolares.

Enlaces relacionados