Os outros Guernicas

Centro: IES Pintor Colmeiro, Silleda (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

Para celebrar o Día da Paz, a partir do Guernica de Picasso, o alumnado do IES Pintor Colmeiro elaborou este fantástico proxecto interdisciplinario sobre as atrocidades das guerras contra a poboación civil.

Entre outras actividades, as rapazas e rapaces de 3º e 4º da ESO, despois de investigar, trasládanlles a información de diferentes conflitos armados aos grupos de 2º e, ademais, recóllena en paneis que conteñen pistas para, finalmente, poder montar as pezas dun gran crebacabezas do Guernica.

No blog da biblioteca podemos ver todo o proceso de elaboración e parte do material que, de maneira altruísta, poñen á disposición doutros centros educativos que poidan estar interesados.

 

Enlaces relacionados