Cadernos de teatro

Centro: IES Ribeira do Louro, O Porriño (Pontevedra)
Curso: 2013 - 2023

Revista anual especializada do grupo teatral do IES Ribeira do Louro promovido dende o EDLG, que conta xa cunha dilatada traxectoria. Ademais desta iniciativa e das súas propias representacións, este equipo tamén convoca cada curso o Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño, en colaboración co concello do Porriño e coa editorial Galaxia.

Grazas a todo este estupendo traballo e de cara á conmemoración do Día do Teatro o próximo 27 de marzo, nestes cadernos podedes atopar, por exemplo, información sobre os grupos de teatro escolar existentes en Galicia ou os textos galardoados nos anteriores concursos e publicados pola editorial Galaxia, que poden ser acaídos para representar co alumnado.

Enlaces relacionados