Mil Estrelas, Musical de Musicais

Centro: IES Taboada Chivite, Verín (Ourense)
Curso: 2023-2024

No IES Taboada Chivite xa teñen en marcha outra proposta musical. E xa van oito. Esta vez trátase dun espectáculo que combina o teatro coa música e que vai contar con once números escollidos de grandes clásicos como West side story, Singing in the rain, A chorus line ou Billy Elliot, entre outros. Como novidade, ademais de participar toda a comunidade escolar, colabora o CMUS de Ourense e a EEI Fernández Varela.

Velaquí un adianto dunha das cancións que formarán parte do musical.

Enlaces relacionados